Esteban Quet Puigvert, nado en Santa Susanna de Pineda (Barcelona) en 1826FRAGA VÁZQUEZ, Xosé A.: ficha Esteban Quet Puigvert, no Álbum da Ciencia do Consello de Cultura Galega . e finado en Barcelona en 18 de maio de 1897Gaceta de Instrucción Pública, 15-8-1898, p. 3. Tamén en La Correspondencia de España, de Madrid, 20-5-1897, p. 3. Tamén na Gaceta de Galicia, 1-8-1892, p. 3., foi un profesor universitario e político catalán.
Formación e primeiros anos Os seus estudos universitarios desenvolveunos na Universidade de Barcelona. Comezou estudando na Facultade de Medicina (1844 a 1845), pero ben cedo mudounos polos da Facultade de Farmacia, que rematou en 1851FRAGA VÁZQUEZ, Xosé A.: id.. En febreiro de 1854 fundou e dirixiu a revista La Alianza Farmaceuticomédica, que se publicou ata o mes de decembro, tendo a súa sede no número 24 da rúa da Platería da cidade condalLa década homeopática, de Madrid, 10-11-1854, p. 8.. Entrementres, actuou como profesor substituto na Facultade de Farmacia desde 1852Boletín de medicina, cirugía y farmacia, 21-11-1852, p. 8. En 1852 é profesor substituto para o 2º ano.. Nesta época ingresou como socio da barcelonesa Real Academia de las Buenas Letras, na que no derradeiro día do ano 1853 deu lectura a un estudo sobre a frenoloxíaEl Áncora, de Barcelona, 30-12-1853, p. 9., materia na que comezou a interesarse. En 1854 Barcelona sufriu unha epidemia de cólera e o Concello nomeouno farmacéutico de distritoFRAGA VÁZQUEZ, Xosé A.: id. Anos despois Quet escribiu un artigo na revista El Pabellón Médico (número 32, de 28 de agosto de 1865 no que falou das posibilidades do allo (Allium sativum) no tratamento do cólera, tal como informa o xornal Diario de Córdoba de comercio, industria, administración, noticias y avisos, de 23-9-1865, p. 3..
A finais de 1854, trasladouse a vivir a Madrid, onde refundou a revista baixo o nome de La Alianza Médica (xaneiro de 1855), saíndo o derradeiro número en decembro de 1856FRAGA VÁZQUEZ, Xosé A.: id.. En xaneiro de 1858 atopámolo colexiado no Colegio de Farmacéuticos de Madrid e, cando menos, desde 1863 é membro da Academia Médico-quirúrgica MatritenseLa Correspondencia de España, de Madrid, 7-5-1863, p. 2.. Tras o peche da revista, desenvolveu os seus coñecementos sobre frenoloxía, dando cursos ao menos desde maio no salón da súa casa, no número 31 (4º piso, 2º) da céntrica Carrera de San JerónimoLa España, de Madrid, 25-4-1858. p. 4. Tamén en La Esperanza, de Madrid, 26-4-1858, p. 4. Por último, en La Iberia, de Madrid, 7-5-1858, p. 4., da que aínda se consideraba unha materia propia de "estudos modernos". Mesmo publicou estudos frenolóxicos de criminais, como o do asasino Miguel Fuentebuena ao ano seguinteLa Época, de Madrid, 11-6-1859, p. 3.. Neste tempo relacionouse con intelectuais e científicos, como o médico Pedro González de Velasco, quen impulsou en 1864 a creación da Sociedad Antropológica Española, da cal participou Quet na súa fundación.
O 7 de decembro de 1860 obtivo o título de doutor en Farmacia pola Universidade Central de MadridLa Época, de Madrid, 6-12-1860, p. 4. No acto de doutoramento, foi apadriñado polo tamén barcelonés José Alerany Nebot, doutor e catedrático da mesma universidade, ao quen con seguridade coñeceu en Barcelona, onde tamén fora catedrático da Facultade de Farmacia.. Finalmente, por Real Orde de 12 de decembro de 1863, e tras superar unha oposición, foi nomeado catedrático de Materia Farmacéutica Vexetal na Universidade de Santiago de CompostelaMIÑONES TRILLO, José: Anecdotario de los primeros años de la Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (siglo XIX): un recuerdo a sus profesores y alumnos distinguidos. Madrid, 2010, p. 21..
Estadía en Santiago En Santiago residiu no número 18 da Rúa de San Pedro e no número 24 da Rúa de San FranciscoPOSE ANTELO, José Manuel: La economía y la sociedad compostelanas a finales del siglo XIX. Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 1992, p. 324.. Quet debeu tomar posesión da cátedra universitaria nos primeiros días de 1864, logo que o seu nomeamento sucedeu case que rematado o ano anterior. Ao ano seguinte entrou de cheo no organigrama directivo da facultade ao ser nomeado Secretario e, ao pouco, Decano interino por falecemento do anterior, Jaime Forn Segura. Mantívose como decano ata 1866, cando foi substituído por Antonio Brunet TalledaCALLEJA SUÁREZ, José María: El profesorado (1857-2007), dentro de De pharmaceutica scientia: 150 años de la Facultad de Farmacia (1857-2007), coord. de J. Santiago Sanmartín Míguez. Santiago, 2007, p. 314.. No mesmo ano abandonou a secretaría da facultade.
En setembro de 1868 produciuse un punto de inflexión na carreira de Quet cando triunfou a septembrina e a raíña Isabel II tivo que exiliarse. Estaba encargado de dar o discurso inaugural de apertura do ano académico, para o que tiña preparado o tema "Pesas y medidas" (que xa abordou ao colexiarse en Madrid uns anos antes). Pero, nunha rápida e arriscada decisión, decidiuno cambiar por outro, moito máis comprometido coa súa militancia republicana, que titulou "La Revolución de Septiembre, especialmente en lo que atañe a la enseñanza" ou "¡Libertad de enseñanza!"PORTABALES VÁZQUEZ, Ángel: Quet y Puigvert, Esteban, artigo publicado dentro da Gran Enciclopedia Galega. Tomo 37. Silverio Cañada, 2003, p. 175.. Ao pouco, fundou e dirixiu unha nova publicación chamada El Eco de la Democracia Santiaguesa, da que apenas saíron 5 números. A partir de entón a implicación política de Quet no Sexenio Democrático sería moi importante.
En 1869 foi elixido Presidente do Comité do Partido Republicano Federal de Santiago e, como tal, acudiu á sinatura do Pacto federal astur-galaico do 18 de xuño, aínda que insospeitadamente quedou inscrito dentro dos representantes da provincia de OurensePacto federal galaico-asturiano. A Coruña, 1869. Quizais foi así para pechar os cadros de representación dun xeito máis homoxéneo, con seguridade moi abundante xa nos da provincia da Coruña.. En setembro publicou "Conferencias populares, dedicadas a los obreros y aldeanos de Galicia", no que dun xeito pedagóxico (cunha fórmula moi directa e breve de pregunta-resposta) tratou de explicar as conveniencias da nova República fronte á antiga Monarquía. Case rematado o ano, o día 23 de decembro, presentou un Manifesto, asinado con el por outros republicanos ben coñecidos (Ramón Hermida Romero, Baltasar García Villar, José Cañizo, Joaquín María Castaños Ordóñez, Marcial Moure González e Pablo González Munín), que lle reportou unha denuncia pola Autoridade por "delito de inxuria, calumnia e desacato contra o Goberno, por algunhas das súas actuacións e a marcha seguida". Esta denuncia foi arquivada pola Audiencia provincial da Coruña no mes de abril de 1871La Aurora de Galicia, 24-4-1871, p. 1..
En agosto de 1872 o seu partido tomou a decisión de presentarlle ás eleccións ao Congreso dos Deputados, enfrontándolle ao candidato ministerial, Eugenio Montero RíosLa Gacetilla de Santiago, 20-8-1872, p. 4.. Entendendo que a súa formación era netamente minoritaria e incapaz per se de gañar, o 23 de agosto publicou na prensa un novo manifesto no que chamou á unión de tódalas tendencias políticas opostas ao Goberno do momento, incluíndo a republicanos unitarios e federalistas, tradicionalistas, radicais e moderadosLa Gacetilla de Santiago, 24-8-1872, p. 2.. O chamamento non acadou o resultado esperado e o escrutinio foi contundente, dando 3999 votos ao político de Lourizán e apenas 440 para o republicanoLa Gacetilla de Santiago, 31-8-1872, p. 2.. Esta derrota levou ao Partido Repúblicano Federal de Santiago a elixir unha nova xunta directiva, e o día 14 de outubro ofrecéronlle a tesouraría do Comité, mentres que a presidencia pasou a mans de Marcial Moure GonzálezLa Gacetilla de Santiago, 16-10-1872, p. 2. Moure viría a substituír ao interino José Puig, que recibiu o posto tras a debacle de Quet nas eleccións.. Esta derrota nas urnas foi dura no ámbito local, pero a nivel estatal viuse que os apoios ao rei Amadeu I eran febles, polo que se seguiu desde as filas republicanas unha estratexia de redobro de esforzos para preparar o que semellaba unha nova revolución política que estaba en intres de se presentar. Así, aproveitaron a leva de quintas para dar mitins nas principais prazas da cidade, facéndoo Quet na Praza de CervantesLa Gacetilla de Santiago, 21-10-1872, p. 2..
Na primeira semana de febreiro de 1873 a situación do rei era insostible e Quet traballaba arreo para preparar o inevitable cambioLa Gacetilla de Santiago, 5-2-/1873, p. 2. "En el partido Republicano de Santiago se trabaja activamente para conseguir una organización sólida y vigorosa para el mismo dentro de muy breve plazo".. O momento chegou o día 11 de febreiro cando o rei Amadeo renunciou ao trono e proclamouse esa mesma tarde a Primeira República Española. Ao día seguinte, unha representación dos republicanos locais presentouse perante o alcalde Pérez-Dávila e esixíronlle a renuncia, que aceptou. Nese momento, Quet pasou a presidir a Xunta de Goberno Democrática Republicana Federal de Santiago do 12 ao 14 de febreiro de 1873, o tempo indispensable para afiuzar a República na cidade. Logo, o poder municipal volveu ao anterior alcalde. O seguinte movemento foi o de formar unha Milicia Nacional que garantira a supervivencia da República. Para iso formouse o Batallón de Voluntarios da República, dividido en 4 compañías e cuns cadros integrados fundamentalmente por membros e simpatizantes do Partido Republicano, correspondéndolle a Quet a capitanía da 1ª compañíaLa Gacetilla de Santiago, 4-3-1873, p. 2.. Nos meses seguintes a máxima preocupación foi a de armar adecuadamente aos milicianos, sendo habitual que dedicara a meirande parte dos seus esforzos á dirección da súa compañía.
Neste momento, cómpre salientar o interese de Quet Puigvert pola homoxeneización do sistema de pesos e medidas, como pode verse polas súas publicacións, e que materializouse nunha proposta que no mes de marzo fixo chegar ao Presidente Estanislao Figueras no que lle manifestaba que, ao seu xuízo, "sería conveniente unha pequena modificación, antes da cuñaxe da nova moeda co emblema da República, consistente aquela na adopción do duro por unidade monetaria, dividíndoo en 100 céntimos"La Gacetilla de Santiago, 17-3-1873, p. 2..
Foi nomeado vogal da xunta directiva e membro dunha comisión do "Centro de Iniciativa para la Nueva Organización de Galicia", participando na redacción dun manifesto titulado A GaliciaPORTABALES VÁZQUEZ, Ángel: id.. A proclamación da República Federal o 16 de xuño trouxo consigo o inicio dos levantamentos cantonais, como o de Ferrol. Ademais, a Terceira Guerra Carlista enquistouse e a cidade estaba ameazada constantemente por partidas carlistas que induciron un continuo ambiente de inseguridade e levaron ao reclamo de Quet de armar á poboación para a súa defensa. Finalmente, todo isto xunto precipitou a caída da República e a Restauración dos Borbóns no trono o 29 de decembro de 1874.