Antonio Maseda Bouso, nado en Rego de Cas (Mondoñedo) en 1893 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1989, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Viviu dez anos na Inclusa ata que o rescatou o seu pai, José Maseda, emigrante en Cuba. Estudou na Universidade Pontificia Comillas. Doutor en Dereito e en Filosofía e Letras e rexistrador da propiedade. Foi un dos fundadores da Irmandade da Fala mindoniense en 1917. Dirixiu os periódicos Acción Social e Galicia Social Agraria. Presidente da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo, foi presidente da Federación Católico-Agraria de Mondoñedo (1920) e secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria (1929). Nas eleccións de 1933 foi candidato agrario de dereitas, pero non resultou elixido.Vallibria, 18-11-1933, p. 1. Foi profesor da Escola Normal de Mestres. No franquismo foi Delegado Extraordinario de Protección de Menores. Foi Membro da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, presidente da Caja Central de Ahorros e da Caja de Pensiones de Cataluña y Baleares. Finou en Madrid o 19 de decembro de 1989.Necrolóxica en ABC
Vida persoal Casou con María Arango Lamas en 1920,El Ideal Gallego, 10-7-1920, p. 2. e foi pai de Elisa Maseda Arango.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Antonio Maseda Bouso Centenario da Irmandade da Fala mindoniense Elisa Lamas, la escritora de Mondoñedo pionera del feminismo en España
Categoría:Avogados de Mondoñedo Categoría:Xornalistas de Mondoñedo Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes