Víctor García Ferreiro, nado en Negreira en 1859 e finado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1933El Compostelano, 5-12-1933, p. 3., foi un médico, profesor e político galego.

Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi médico en Negreira e dirixiu o periódico El Barcalés na Baña. Foi catedrático por oposición na Facultade de Medicina da Universidade de Salamanca e, por fin, catedrático de Enfermidades da Infancia na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de CompostelaEl Compostelano, 5-12-1933, p. 2..

Foi alcalde interino de Santiago, por falecemento do anterior propietario, Máximo de la Riva García, desde o 15 de marzo de 1922 ata o 1 de abril do mesmo ano.

Vida persoal Estivo casado con Sofía Fabeiro García. Foi tío do tamén alcalde de Santiago Juan Varela-de Limia García.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Médicos de Negreira Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela