Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo, o IGE en 2018 tiña 2.875 habitantes (1.435 mulleres e 1.440 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.

A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.

Xentilicio Esta parroquia posúe un xentilicio, aínda que constatado de forma serodia, que é aguiñense.

Historia O 9 de maio de 1959 segregouse Aguiño da parroquia de Carreira por Decreto Arcebispal de Quiroga Palacios. O seu primeiro párroco foi Francisco Lorenzo Mariño (Paco de Aguiño). En 1960 comezou a construírse a igrexa parroquial, deseñada por Antonio Tenreiro Brochón e que foi o primeiro templo da era moderna con inscricións en galego. Foi consagrada o 14 de xullo de 1967 polo cardeal Quiroga Palacios, que oficiou ese día a súa primeira misa en galego. O templo, máis largo que longo, presenta unha disposición moi funcional. Nel caben 500 persoas.

Festas gastronómicas Desde 1997 celébrase no mes de xullo a festa do percebe.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Aguiño

Parroquias de Ribeira

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Ribeira

Categoría:Parroquias de Ribeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora do Carme