The Gories é unha banda estadounidense de garage rock formada en Detroit, Míchigan en 1986. Estivo entre os primeiros grupos do xénero dos 80 en incorporar abertas influencias do blues. A banda está formada por Mick Collins (de The Dirtbombs) e Dan Kroha (de The Demolition Doll Rods) nas guitarras e voces, e Peggy O'Neill na batería.
Aínda que The Gories separouse en 1992, en xullo de 2009 reformouse para unha xira de reunión por Europa, tocando xunto con The Oblivians. O grupo realizaría unha segunda xira no ano seguinte, desta vez tocando por Norteamérica.
Discografía House Rockin' - 1989 (Fanclub Records/New Rose) I Know You Fine, But How You Doin' - 1990 (New Rose) Outta Here - 1992 (Crypt Records)
Categoría:Grupos musicais de Detroit Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais formados en 1986