Blancanieves é un filme español dirixido por Pablo Berger que se estreou no 2012. Baséase no conto de Brancaneves dos Irmáns Grimm, e a historia está ambientada nunha visión romántica da Andalucía da década de 1920. Imita o estilo narrativo do cine mudo, con fotografía en branco e negro e a música como elemento condutor.

Presentada na Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, foi ademais o filme seleccionado para os 85ª edición dos Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa e para os Premios Ariel, gañando este último.

Sinopse Blancanieves é Carmen (Macarena García), unha bela rapaza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta, Encarna (Maribel Verdú). Fuxindo do seu pasado, Carmen comezará unha viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de ananos toureiros. Cun final sorprendente, "Blancanieves" amosa que a vida non é coma nos contos, senón un melodrama gótico.

Personaxes Maribel Verdú como Encarna / A madrasta Daniel Giménez Cacho como Antonio Villalta / O pai Ángela Molina como Doña Concha / A avoa Inma Cuesta como Carmen de Triana / A nai Macarena García como Carmen / Blancanieves Sofía Oria como Carmencita / Blancanieves Josep Maria Pou como Don Carlos / O Apoderado Ramón Barea como Don Martín Pere Ponce como Genaro / O Chofer Emilio Gavira como Jesusín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película