Este artigo trata sobre o doce feito con pan, leite e ovo, para a rebanda de pan torrada véxase: torrada.

thumb|Torrada.

A torrada é unha sobremesa doce que consiste nunha rebanda de pan (adoita estar reseso) enchoupada en leite e ovo batido, frixida nunha tixola en aceite e cuberta de azucre. Existen variantes enchoupadas en viño e adozadas con mel. Aromatízanse tamén con canela ou algún licor.

Na bibliografía galega noméase dende os textos do Rexurdimento; fálase en numerosas obras que describen a vida cotiá: torradas de viño, ovos pras torradas, torradas de mel e manteiga..., polo que se demostra que era un doce común nas casas galegas calquera día do anoTesouro Informatizado da Lingua Galega. Noutras zonas de España comíanse na Coresma e na Semana Santa, xa que, sendo un alimento de orixe humilde, logo enche ao comensal especialmente na época na que os católicos deixan de comer carne.

Variantes noutras linguas En España e nos países hispanos coñécense coma torrijas ou torrejas.

En Europa Central coñécense como Arme Ritter (en alemán: cabaleiros pobres) en Alemaña, Pofesen en Austria, Fotzelschnitten en Suíza e bundás kenyér en Hungría.

En Francia chámase "pain perdu" (pan perdido), se ben este non se frixe en aceite abundante senón que se fai á prancha.

No Reino Unido e países de fala inglesa chámanlle "french toast".

Nos Países Baixos reciben o nome de Wentelteefje.

En Portugal prepáranse as "rabanadas", de xeito moi semellante ás galegas e castelás.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Leite frito Pudin

Categoría:Doces Categoría:Sobremesas e doces de Galicia Categoría:Gastronomía de Portugal Categoría:Gastronomía da Arxentina Categoría:Gastronomía de Alemaña Categoría:Gastronomía de Francia Categoría:Gastronomía de Honduras Categoría:Gastronomía do Reino Unido Categoría:Gastronomía de Austria Categoría:Gastronomía de Suíza Categoría:Gastronomía de Hungría Categoría:Pratos de pan