O CD98 (cluster de diferenciación 98) é unha glicoproteína de membrana heterodímera composta polas proteínas SLC3A2 e SLC7A5, que forma o transportador de aminoácidos neutros grandes (LAT1, Large neutral amino acid transporter 1). O LAT1 é unha proteína de transporte de membrana heterodimérica que transporta preferencialmente aminoácidos de cadea ramificada (valina, leucina, isoleucina) e aminoácidos aromáticos (triptófano, tirosina). O LAT1 exprésase máis profusamente nos capilares do cerebro (que forman a barreira hematoencefálica) en relación con outros tecidos.

Un transportador LAT1 funcional está composto por dúas proteínas codificadas en distintos xenes, que son: Proteína da subunidade pesada 4F2hc/CD98, codificada polo xene SLC3A2 Proteína da subunidade lixeira de CD98, codificada polo xene SLC7A5.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cluster de diferenciación Proteína transmembrana Proteína de transporte

Ligazóns externas

Categoría:Antíxenos CD Categoría:Proteínas de membrana