George Pell, nado en Ballarat (Victoria) o 8 de xuño de 1941 e finado en Roma o 10 de xaneiro de 2023, foi un cardeal da Igrexa Católica, membro do Consello de Cardeais e Prefecto do Secretariado para a Economía da Santa Sé dende 2014 ata 2019.
Traxectoria O 16 de decembro de 1966 foi ordenado sacerdote da diocese de Ballarat polo prefecto da Congregación para a Propagación da Fe e patriarca de Cilicia Gregorio Pedro XV Aghachanean. Licenciouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana en 1967, obtivo o doutoramento en Filosofía na Universidade de Oxford en 1971, e obtivo tamén unha Mestría en Educación pola Universidade Monash en 1982.
O 30 de marzo de 1987 foi nomeado bispo auxiliar de Melbourne e bispo titular de Scala. Recibiu a consagración episcopal o 21 de maio de 1987 de mans do arcebispo de Melbourne Thomas Francis Little.
O 16 de xullo de 1996 o papa nomeouno arcebispo de Melbourne. O 26 de marzo de 2001 foi trasladado á arquidiocese de Sidney, e no consistorio do 21 de outubro de 2003 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria Domenica Mazzarello.
O 13 de abril de 2013 o papa Francisco nomeouno membro do novo Consello de Cardeais instituído para axudarlle no goberno da Igrexa. Posteriormente, o 24 de febreiro de 2014 Francisco nomeouno prefecto do tamén novo Secretariado para a Economía. O 24 de febreiro de 2019, rematou o seu período no cargo.
En 2018, Pell foi declarado culpable de abuso sexual a menores, mais a condena foi anulada polo Tribunal Superior de Australia en 2020. Unha investigación á parte da Congregación para a Doutrina da Fe da Santa Sé sobre estas acusacións de abuso concluíu tras a súa absolución polo Tribunal Superior.
Premios e distincións O Christendom College nomeouno doutor honoris causa en 2006, a Universidade de Notre Dame Australia en 2010 e a Universidade Católica Australiana en 2014.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Victoria, Australia Categoría:Bispos católicos de Australia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais de Australia Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de Australia Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade Monash Categoría:Escritores de literatura relixiosa Categoría:Membros da Congregación para a Doutrina da Fe