A troponina I, músculo esquelético rápido ou troponina I tipo 2 (TNNI2) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene TNNI2 do cromosoma 11. É unha das tres isoformas da troponina I; as outras dúas son TNNI1 e TNNI3. Esta isoforma exprésase nos músculos esqueléticos de contracción rápida nos adultos. Tamén se atopou na cartilaxe, epitelio corneal e glándula mamaria, e nos ratos atopouse no músculo liso vascular. Únese á actina dos filamentos finos musculares mantendo inhibida a contracción muscular (cando o calcio se une á troponina C esta inhibición desaparece). A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, I e T.
As mutacións no seu xene dan lugar a miopatía e artrogripose distal de tipo 2B.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Proteínas