Antonio Amador Villar Novais, coñecido co pseudónimo de Amado Villar, nado en Buxán (Rois) o 25 de xaneiro de 1899 e finado en Buenos Aires en novembro de 1954, foi un escritor galego.
Traxectoria Fillo de pai arxentino e nai galega, retornaron cando Amador era novo. Dirixiu a Revista del Centro de Estudiantes. Colaborou en Nosotros, Caras y Caretas e El Hogar. Estudou Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e combateu na guerra do Rif. Foi xefe de redacción de La Última Hora (1924) e colaborou en Ronsel. Regresou definitivamente a Buenos Aires en 1926. Colaborou en Nueva Era, La Nota, Mundo Argentino, La Nación e El Mundo. Finou en Buenos Aires en novembro de 1954.La Voz de Galicia, 20-11-1954, p. 18.
Obras Del amor y del alma, 1913. Carne triunfal, 1919. La serena exaltación, 1921. Versos con sol y pájaros, 1927. Marimorena, 1934. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Rois Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1954