A lingua ioruba ou lingua yoruba () é unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de ioruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990.Metzler Lexikon Sprache (4th ed. 2010) propón a cifra de 30 millóns, baseándose no crecemento da poboación entre 1990 e 2000. A poboación de Nixeria (onde viven a maioría dos ioruba) medrou un 44% entre 1995 e 2010, polo que Metzler coida que a estimación 2010 é acertada. É a lingua nativa do pobo ioruba, que viven en Nixeria e Benín, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O ioruba está moi relacionado coa lingua itsekiri (falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en ioruba Ligazóns externas Mapa da lingua iroruba do LL-Map project ioruba para nenos - Software interactivo da lingua para nenos ioruba Dicionario kasahorow ioruba
Categoría:Lingua yoruba Categoría:Linguas de Benín Categoría:Linguas de Ghana Categoría:Linguas de Nixeria Categoría:Linguas de Togo