O músculo ciliar é un anel muscular lisoKleinmann, Guy MD; Kim, Hee Joon MD; Yee, Richard W. MD (2006). "Scleral Expansion Procedure for the Correction of Presbyopia." (article) ISSN: 0020-8167.Schachar, Ronald A. (2012). "Anatomy and Physiology." (Chapter 4) ISBN 978-90-6299-233-1. situado na capa media (capa vascular) do ollo humano que controla a acomodación do ollo para ver obxectos situados a maior ou menor distancia e regula o fluxo de humor acuoso no canal de Schlemm do ollo. Fai cambiar a forma do cristalino, pero non o tamaño da pupila, do que se encarga o esfínter da pupila. Cando os músculos ciliares se contraen o cristalino faise máis esférico, ten maior potencia de refracción e permite enfocar obxectos próximos. Cando estes músculos se relaxan vense mellor os obxectos que están lonxe.

Estrutura

Desenvolvemento O músculo ciliar desenvólvese a partir do mesoderma dentro da coroideDudek RW, Fix JD (2004). "Eye" (chapter 9). Embryology - Board Review Series (3rd edition, illustrated). Lippincott Williams & Wilkins. p. 92. ISBN 0-7817-5726-6, ISBN 978-0-7817-5726-3. Books.Google.com, Retrieved January 17, 2010. e considérase un derivado da crista neural cranial.

Innervación O músculo ciliar recibe fibras nerviosas do parasimpático e do simpático procedentes do ganglio ciliar chamadas nervios ciliares curtos. Estas fibras postganglionares forman parte do par cranial III (nervio oculomotor). Os sinais simpáticos postsinápticos que se orixinan no ganglio cervical superior son transportados polo nervio nasociliar ou esténdense directamente desde o plexo carotídeo interno e pasan a través do ganglio ciliar. A activación simpática (adrenérxica) dos receptores beta-2 do músculo causan a relaxación e incrementan o tamaño do corpo ciliar. Isto tensa as fibras da zónula e o cristalino estírase e aplánase, o que fai decrecer o seu poder refractivo para pode ver mellor os obxectos que están afastados.

Os sinais parasimpáticos presinápticos que se orixinan no núcleo de Edinger-Westphal son transportados polo par cranial III (o nervio oculomotor) e viaxan a través do ganglio ciliar. A activación parasimpática dos receptores muscarínicos M3 fai que o músculo ciliar se contraia, o que ten como efecto a diminución do diámetro do anel do músculo ciliar. As fibras da zónula reláxanse e o cristalino faise máis esférico, incrementando o seu poder de refracción e permitindo a visión de obxectos próximos.

O ton parasimpático é dominante sobre o ton adrenérxico.

Función

Acomodación

As fibras ciliares segundo a súa orientación poden ser fibras circulares,Sampaolesi R, Sampaolesi JR, Zárate G (2009). "Ocular Embryology with Special Reference to Chamber Angle Development" (chapter 8). The Glaucomas - Pediatric Glaucomas (volume 1). Springer Berlin Heidelberg. pp. 61–69. ISBN 978-3-540-69146-4. Springerlink.com lonxitudinais (meridionais) ou radiais.Riordan-Eva Paul, "Chapter 1. Anatomy & Embryology of the Eye" (Chapter). AccessMedicine.com

Segundo a teoría de Hermann von Helmholtz, as fibras musculares ciliares afectan ás fibras da zónula do ollo humano (fibras que sosteñen e manteñen suspendido o cristalino na súa posición durante a acomodación do ollo, tamén chamadas ligamento suspensor do cristalino), permitindo que se produzan cambios na forma do cristalino para enfocar a luz como mellor conveña. Cando o músculo ciliar se contrae, impúlsase cara a adiante e move a rexión frontal cara ao eixe do ollo. Isto relaxa a tensión no cristalino causada polas fibras zonulares (fibras que sosteñen ou aplanan a lente). Esta liberación da tensión nas fibras zonulares causa que o cristalino se faga máis esférico, adaptándose así para enfocar a curta distancia. No caso contrario, a relaxación do músculo ciliar causa que as fibras zonulares estean tensas, aplanando o cristalino, incrementando a distancia focal, e enfocando para a visión de obxectos que están a maior distancia. Aínda que a teoría de Helmholtz foi amplamente aceptada desde 1855, o seu mecanismo aínda é controvertido. Hai teorías alternativas para a acomodación propostas por L. Johnson, M. Tscherning, e Ronald A. Schachar.

Tamaño de poro do retículo microtrabecular A contracción e relaxación das fibras lonxitudinais, que se insiren no retículo trabecular na cámara anterior do ollo, causa un incremento e decrecemento no tamaño do poro do retículo trabecular, respectivamente. Os poros grandes facilitan que o humor acuoso flúa ao canal de Schlemm, e os poros pequenos impídeno.Salmon John F, "Chapter 11. Glaucoma" (Chapter). AccessMedicine.com

Importancia clínica

Glaucoma O glaucoma de ángulo aberto e o de ángulo pechado poden tratarse con agonistas do receptor muscarínico (por exemplo, a pilocarpina), que causan unha rápida miose e a contracción dos músculos ciliares, abrindo o retículo trabecular, facilitando a drenaxe do humor acuoso no canal de Schlemm e, finalmente, facendo decrecer a presión intraocular.Le, Tao T.; Cai, Xumei; Waples-Trefil, Flora. "QID: 22067". USMLERx. MedIQ Learning, LLC. 2006–2010. 13 January 2010 Usmlerx.com

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reflexo de acomodación Corpo ciliar

Ligazóns externas Cristalino, e músculos ciliares, vistos con microscopio electrónico de varrido

Categoría:Ollo