Phở ou pho é unha prato tradicional da cociña vietnamita, baseado no que se denomina como sopa de fideos. É un prato de fideos de arroz brancos nun caldo claro de vitela, acompañado de cebolas verdes e brancas, follas de coandro, anís estrelado e menta. O limón, a lima, as vaíñas de feixón e pementos poden engadirse ó caldo segundo o gusto do comensal. O prato Banh dóna, da zona norte de Vietnam, é moi semellante ó pho.

O phở é orixinario da provincia de Nam Dinh, mais fíxose popular en Hanoi. Adóitase comer no almorzo, pero tamén noutros momentos do día.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Gastronomía de Vietnam Categoría:Sopas