La Voz de Vivero foi un semanario editado en Viveiro entre 1937 e 1938.
Historia e características Apareceu o 11 de setembro de 1937. Constaba das seccións "Lista de donativos para el socorro de mujeres y niños desamparados", "Madrinas de guerra", "Parte oficial de la campaña", "Sección de noticias", "El nacional-sindicalismo", "Cultura física", publicidade, editorial, espectáculos. Entre os seus colaboradores figuraron Carmen Prieto Rouco e Daniel Pernas Nieto. Imprimíase na imprenta Fojo de Ortigueira. Cesou a súa publicación en 1938.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1937 en Galicia