José Búa Laredo, nado en Cambados cara a 1895 e finado en Estribela (Lourizán, Pontevedra) o 4 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria De profesión albanel, era propietario dunha ferretería na Illa de Arousa e membro do PSOE, e presidente da agrupación local deste partido na Illa de Arousa. Foi o máximo responsábel da proclamación da República Federal da Illa de Arousa, o 7 de outubro de 1934. A pesar de ser detido por este feito, foi posto en liberdade poucos días despois. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado. Foi fusilado no lugar de Estribela, na parroquia pontevedresa de Lourizán.

Notas

Véxase tamén Outros artigos República Federal da Illa de Arousa

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Finados en 1936 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en 1895