La Voz del Pescador foi un periódico editado en Viveiro en 1930.

Historia e características Subtitulado Órgano de la Asociación de Marineros y Pescadores de Vivero, apareceu o 1 de xaneiro de 1930. Dirixido por Manuel Rodríguez Meitín, editábase na imprenta de J. M. Pumariño de Ribadeo. Cesou a súa publicación ao cabo dun ano.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1930 en Galicia