Presente foi un semanario editado na Guarda entre 1936 e 1939.
Historia e características Subtitulado Semanario defensor de la Patria, apareceu o 19 de xaneiro de 1936.. Publicábase os domingos. Órgano da Falange da Guarda, estaba dirixido por Mariano Jiménez Hueto. Entre os seus colaboradores figuraron Miguel R. Garrido e J. Bautista M. Lemiña e publicou poemas de José Mª Rolán. Cualificado como semanario de tendencia fascista, foi suspendido polo gobernador civil Gonzalo Acosta Pan o 12 de maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu saír á rúa. Cesou a súa publicación en 1939.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita da Guarda Categoría:1936 en Galicia Categoría:Prensa falanxista