"They Don't Care About Us" é o cuarto sinxelo do álbum HIStory: Past, Present and Future, Book I do artista Michael Jackson, que se estreou o 31 de marzo de 1996. A canción é considerada unha das máis controvertidas que compuxo Jackson. Nos Estados Unidos, o escrutinio dos medios arredor da letra por suposto antisemitismo provocou que Jackson se desculpara en numerosas ocasións e que fose regravada con outra letra. O cantante negou sempre as alegacións de antisemitismo, alegando que a letra fora malinterpretada.

A canción foi acompañada de dous vídeos musicais dirixidos por Spike Lee. O primeiro foi gravado no Brasil, en Pelourinho, o centro histórico da cidade de Salvador, e na favela do Río de Xaneiro chamada Dona Marta, mais nun primeiro momento, as autoridades do estado intentaron deter a produción por medo a que puidese prexudicar a súa imaxe. Porén, os residentes da área alegráronse de ver ó cantante, xa que sabían que os seus problemas faríanse máis visibles ante unha audiencia masiva. O segundo vídeo foi gravado nunha prisión e contén numerosas imaxes de arquivo con referencias a violacións dos dereitos humanos.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de Michael Jackson