A Federación Estudantil Libertaria (FEL) foi unha organización estudantil de orientación libertaria da Península Ibérica.
Historia A FEL naceu o 16 de xullo de 2014, durante o Congreso Estudantil Libertario que tivo lugar na localidade de Chinchón, Comunidade de Madrid. Este congreso supuxo o punto culminante nun proceso de confluencia entre varios colectivos estudantís libertarios de ámbito local.
En marzo de 2016, a organización celebrou o seu primeiro congreso, celebrado na localidade de Villaverde.
En xaneiro de 2017, a FEL lanza Senda, un fanzine que buscaría actuar como medio de expresión periódico.
En verán de 2022 a organización súmese nun proceso de autocrítica, o cal remataría en decembro de 2024, cando o último núcleo aínda existente da FEL, o da Universidade Autónoma de Barcelona, anuncia a súa disolución e a integración da súa militancia en Batzac.
Organización A FEL organizábase en congresos, posuíndo para a súa coordinación entre estes un Comité Federal onde estaban representadas as distintas agrupacións locais ou de centro e que nomea un Secretariado Permanente para levar a cabo os acordos da federación. Ademais, cada agrupación local funcionaba de forma asemblearia.
A organización posuíu agrupacións en Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Madrid, Ourense, Sevilla e Zaragoza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Anarquismo en España Categoría:Asociacións de estudantes