Mieczysław Mokrzycki, nado o 29 de marzo de 1961 en Majdan Łukawiecki (Polonia) é un eclesiástico católico latino, arcebispo de Lviv dos Latinos dende 2008. Traxectoria Mieczysław Mokrzycki naceu en Majdan Lukawiecki, un asentamento do concello de Wielkie Oczy, no voivodato de Supcarpacia. Logo da secundaria, estudou Teoloxía na Universidade Católica de Lublin.
O 17 de setembro de 1987 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Lviv polo seu administrador apostólico, Marian Jaworski. En 1996 doutorouse en Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino
O 16 de xullo de 2007 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo coadxutor con dereito a sucesión de Lviv dos Latinos. Recibiu a consagración episcopal do mesmo papa o 29 de setembro de 2007, e tendo como co-consagrantes ao mesmo Jaworski, entón arcebispo de Lviv, e a Tarcisio Bertone, camarlengo da Igrexa.
Sucedeu a Jaworski o 21 de outubro de 2008 como arcebispo de Lviv dos Latinos.
Obra
Obras colectivas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados no condado de Lubaczów Categoría:Arcebispos católicos de Polonia Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lublin Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina