Michael Rogers Oldfield Thomas, nado o 21 de febreiro de 1858 en Millbrook, Bedfordshire e finado o 16 de xuño de 1929, foi un zoólogo británico especializado en mamíferos.Michael Rogers Oldfield Thomas (1858-1929) na web do Natural History Museum de Londres.
Foi un dos principais membros da Sociedade Zoolóxica de Londres e da Royal Society.
As súas investigacións sobre os mamíferos publicáronse na revista da Sociedade de Historia Natural de Bombai.
Traxectoria O pai de Michael Rogers Oldfield Thomas era o vigairo de Hillingdon, no condado de Middlesex (que hoxe forma parte do Gran Londres). Oldfield Thomas fixo os seus estudos no Haileybury College en Hertford (capital do condado de Hertfordshire). Oldfield era o apelido de solteira da súa nai.
Oldfield pasou parte da súa infancia en Suráfrica, onde o seu pai foi nomeado arcediago na Cidade do Cabo. Alí foi onde se desenvolveu a súa afección pola historia natural, ao ver os insectos da colección da Table Mountain ou Montaña da Mesa.A Montaña da Mesa (Table Mountain) é unha montaña de cumio plano nun lugar prominente moi coñecido que domina a Cidade do Cabo, e que está representada na bandeira da cidade e noutras insignias do goberno local.
Á súa volta a Inglaterra en 1876, cando tiña 18 anos, Thomas foi empregado da oficina do secretario do British Museum de Bloomsbury, en Londres. Dous anos máis tarde foi transferido ao Departamento de Zooloxía por un curto período como auxiliar do Dr. Albert Günther, nomeado adxunto encargado dos mamíferos, ocupou este cargo até a súa xubilación en 1923.
Durante todo este tempo, Thomas describiu por primeira vez aproximadamente 2.000 novas especies e subespecies de mamíferos, o que o fixo un dos máis importantes especialistas neste grupo de animais do seu tempo. Escribiu máis de 1.000 libros, catálogos e outros documentos.
En 1891 Thomas casou coa herdeira dunha pequena fortuna, o que lle subministrou o diñeiro necesario para contratar a coleccionistas de mamíferos e presentar estes espécimes no museo.
En 1896, cando William Henry Flower tomou o mando da sección, contratou a Richard Lydekker para reestruturar as exhibicións, o que permitiu a Thomas centrarse nos novos espécimes.The Natural History Museum at South Kensington, William T. Stearn ISBN 0-434-73600-7Oldfield Thomas, Catalogue of the Marsupialia and Monotremata in the Collection of the British Museum (Natural History) Dept of Zoology (1888), Taylor and Francis, Londres Catalogue of the Marsupialia... Ver texto completo<ref>Oldfield Thomas F. R. S., The History of the Collections Contained in the Natural History Departments of the British Museum Vol. II, Separate Historical accounts of the Historical Collections included in the Department of Zoology, I. Mammals, (1906) William Clowes and Sons Ltd. Londres. The History of the Collections..." Ver texto completo]</ref>
Suicidouse en 1929, aos 71 auos, poucos meses despois da morte da súa dona, incapaz de enfrontar a vide se ela.Bo Beolens, Michael Watkins e Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. JHU Press. ISBN 0-8018-9304-6. Ver p. 411
Abreviatura A abreviatura Thomas emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Algúns taxons descritos por el
Deomyinae Thomas, 1888 Tupaia montana Thomas, 1892 Damaliscus Sclater e Tomas, 1894 Rhinopithecus brelichi Thomas, 1903 Zaglossus bartoni Tomas, 1907 Miniopterus schreibersii subsp chinensis Thomas, 1908 Abrocoma cinerea Thomas, 1919 Thallomys Thomas, 1920
Algunhas da especies dedicadas por el Monodelphis iheringi, en 1888, a Hermann von Ihering. Muntiacus feae, con Giacomo Doria en 1889, a Leonardo Fea. Ctenomys azarae, en 1903, a Félix de Azara. Microtus cabrerae, en 1906, a Ángel Cabrera Latorre. Otomops wroughtoni, en 1913, a Robert Charles Wroughton.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía John Edwards Hill (1990): "A memoir and bibliography of Michael Rogers Oldfield Thomas, F.R.S.", Bulletin of the British Museum (Natural History), Historical Series'', 18 (1): 25-113. [http://biostor.org/reference/102399 Ver en liña
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1858 Categoría:Nados en Bedfordshire Categoría:Finados en 1929 Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico