Alexa Internet, Inc. e unha subsidiaria da compañía Amazon.com con sede en California. E coñecida por operar no sitio web alexa.com que prove información acerca da cantidade de visitas que recibe un sitio web e as clasifica. Alexa recolle información dos usuarios que teñen instalado Alexa Toolbar, que lles permite xerar estatísticas acerca da cantidade de visitas e dos enlaces relacionados.

Alexa tamén proporciona unha gráfica onde se pode apreciar o crecemento/decrecemento das visitas a unha páxina web, ademais de información diaria (só das 100.000 primeiras páxinas da clasificación), media semanal e media nos últimos 12 meses.

Historia Alexa Internet foi fundada en 1996 por Brewster Kahle e Bruce Gilliat. O nome foi escollido en homenaxe á Biblioteca de Alexandría, trazando un paralelo entre o maior coñecemento da antigüidade e o potencial de Internet.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas alexa.com páxinas web galegas máis visitadas

Categoría:Buscadores Categoría:Amazon