Nizhnii Novgorod (en ) é unha cidade da parte europea de Rusia, centro económico e cultural da rexión do Volga-Vyatka e tamén a capital administrativa do Óblast de Nizhnii Novgorod e do Distrito Federal do Volga.
Xeografía Segundo o censo da poboación do 2010, conta cuns 1,25 millóns de habitantes. Representa a quinta maior cidade da Federación Rusa, despois de Moscova, San Petersburgo, Novosibirsk e Ekaterimburgo, e a terceira da súa parte europea.
Historia Do 1932 ata 1990 o nome da cidade foi Gorkii (Горький) grazas ao escritor Maksim Gorkii nacido na cidade. O físico Alexander Sergeev, presidente da Academia Rusa de Ciencias entre 2017 e 2022, tamén naceu en Gorkii.
A cidade estivo cerrada ao turismo durante unha boa parte da era soviética, ata os principios dos 1990.
Tamén posúe un antigo centro conservado e moitos monumentos históricos, arquitectónicos e culturais únicos recoñecidos pola UNESCO grazas ao valor histórico e cultural que posúen.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A páxina oficial da cidade
Categoría:Cidades de Rusia