María del Pilar de Torres Luna, nada en Bayarque (Almería) o 28 de outubro de 1937 e falecida en decembro de 2018, é unha xeógrafa e profesora española.

Traxectoria Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza (1961) e doutora en Xeografía pola Universidade de Navarra (1967). En 1968 foi profesora da Universidade de Santiago de Compostela e dende 1981 é catedrática de Xeografía de España nesta universidade. As súas liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamentos humanos. É membro do comité científico de varias revistas (Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada) e socia da Real Sociedade Xeográfica de España. En 1981 recibiu o premio á mellor investigadora catedrática da universidade de Deputación de Pontevedra.

Obras

La Navarra húmeda del noroeste. Estudio geográfico de la ganadería, 1971. Un modelo de encuesta rural para Galicia, 1981. A montaña galega. O home e o medio, 1993. Parroquias y arciprestazgos de Galicia, 1994. Geografía de Galicia, 2000-2002. Estudio geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia das Ciencias de Lisboa, 2004. Colectivas Fotobiografia del Cardenal Quiroga Palacios, con Leonardo Lemos Montanet

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Categoría:Xeógrafos de España Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Bayarque Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra