Nesnesitelná lehkost bytí (en galego "A insoportable levidade do ser") é unha novela en lingua checa do escritor Milan Kundera, publicada en 1984.
Características A obra é clasificada ás veces como novela filosófica, se ben o seu autor non comparte esta opinión, pois sitúa a obra –incluíndo especificamente esta novela– alén da filosofía e da psicoloxía, tentando atopar a esencia existencial das personaxes.
Está ambientada en Praga en 1968, durante a invasión de Checoslovaquia por parte da URSS e outros países do Pacto de Varsovia. Trata dun home e as súas dúbidas existenciais perante a vida en parella, convertidas en conflitos sexuais e afectivos. A novela relata escenas da vida cotiá, trazadas cun profundo sentido transcendental: a inutilidade da existencia e a necesidade do eterno retorno de Nietzsche polo cal todo o vivido ten que se repetir eternamente, só que ao volver faino dun xeito distino, xa non fugaz como acontecera ao principio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Teoría do eterno retorno Paulo Coelho
Categoría:Obras literarias de 1984 Categoría:Novelas en checo Categoría:Novelas ambientadas en Praga