Mariñana foi unha revista aparecida en Sada entre 1925 e 1926.
Historia e características Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu en xaneiro de 1925. Constaba de 16 páxinas. O director e propietario era Eduardo García Ramos; Manuel Lorenzo Freire-Calvelo foi o redactor-xefe e o fotógrafo Francisco Varela Pose encargouse da parte gráfica. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Lugrís Freire, Antón Vilar Ponte, Ramón Suárez Picallo e Máximo Navarro. Cesou logo de publicar 26 números, cun número extraordinario editado en febreiro de 1926.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Colección completa da revista Mariñana prazadapescaderia.blogspot.com Pérez Lorenzo, Manuel (12/11/2013). "Manuel L. Freire-Calvelo: O xornalismo ao servizo de Sada"
Categoría:Prensa escrita de Sada Categoría:1925 en Galicia