Sir Andrew Smith, nado en Hawick (Roxburghshire) o 3 de decembro de 1797 e finado o 12 de agosto de 1872, foi un cirurxián, médico militar, explorador etnólogo e zoólogo escocés.

Está considerado como o pai da zooloxía en Suráfrica, porque describiu numerosas especies dun amplo grupo de animais na súa principal obra, Illustrations of the Zoology of South Africa.

Traxectoria O seu primeiro traballo foi como cirurxián de a bordo na mariña británica, a cuxo servizo se incorporou en 1816. Posteriormemnte estudou medicina na Universidade de Edimburgo, obtendo o grao de doutor en 1819.

Suráfica (1820-1837) En 1820 foi destinado á Colonia do Cabo e enviado a Grahamstown para supervisar a atención médica dos soldados europeos e os do Copo do Cabo. Foi nomeado cirurxián do distrito de Albany en 1822, onde estableceu o primeiro dispensario gratuíto para doentes indixentes de Suráfrica.

Dirixiu unha expedición científica ao interior da actual Suráfrica. Os traballos realizados pola expedición foron plasmados no libro Illustrations of the Zoology of South Africa (Ilustraciones da Zooloxía de África do Sur).

Smith encontrouse co naturalista Charles Darwin na segunda viaxe do HMS Beagle, cando recalou na Cidade do Cabo en maio de 1836, mostrándolle diversas formacións rochosas. Darwin estableceu unha ampla correspondencia con Smith acerca do por que os grandes animais de Suráfrica vivían con pouca vexetación, mostrando que a falta de vexetación luxuriosa non explicaba a extinción das xigantescas criaturas cuxos fósiles Darwin achara en Suramérica. Darwin frecuentemente menciona a Smith nos seus escritos, e apoiouno para que fose admitido como membro da Royal Society en 1857.

Correspondencia con Charles Darwin miniatura|300px|Debuxo dunha serpe pitón (Python sebae) por Andrew Smith, 1840.

Ao longo da súa vida intercambiou correspondencia con Charles Darwin.

16 de marzo de 1839 19 de febreiro de 1842 1862 1867 26 de febreiro de 1871 17 de abril de 1871 16 de maio de 1871 18 de xullo de 1871

Inglaterra (1837-1872) En xaneiro de 1837 Simth volveu ao Reino Unido, e pouco despois empezou a publicar os cinco volumes que compoñen as súas Illustrations of the Zoology of South Africa (1838–50). Ascendeu rapidamente na escala do Servizo Médico Militar, e foi cirurxián e oficial médico principal en Fort Pitt, Kent, en 1841.Smith, Sir Andrew (1797-1872), army medical officer and naturalist por Dane Kennedy en Dictionary of National Biography online (Consultado o 10 de novembro de 2014)

En 1844 casou coa súa ama de chaves Ellen Henderson e converteuse á fe católica. En 1845 foi o axudante de Sir James McGrigor, director xeral do Servizo Médico do Exército, sucedendo neste cargo a McGrigor en 1853 cando este se retirou. Foi o responsábel da organización de servizos médicos durante a guerra de Crimea, en medio de graves acusacións de ineficiencia e incompetencia en The Times e da enfermeira Florence Nightingale. Unha comisión de investigación exonerouno e recibiu honores nas universidades e sociedades científicas. A súa má saúde obrigouno a renunciar en 1858, ano en que foi nomeado comendador da Orde do Baño.

Abreviatura A abreviatura Smith emprégase para indicar a Andrew Smith como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1797 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1972 Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Cirurxiáns do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Etnólogos