miniatura|estatua de Moa Martinson en Norrköping Helga Maria Swartz, coñecida como Moa Martinson, nada en Vårdnäs o 2 de novembro de 1890 e finada en Sorunda o 5 de agosto de 1964, foi unha escritora sueca.

Traxectoria Publicou vinte novelas sobre a dura vida cotiá da muller na industria e no campo. Destaca a súa triloxía autobiográfica Mor gifter sig (Mamá casa), 1936, Kyrkbröllop (Voda na igrexa) e Kungens rosor (As rosas do rei), 1939, que eran solicitadas por colas de lectores nas bibliotecas públicas.

En 1929 casou co escritor sueco Harry Martinson, Premio Nobel de Literatura en 1974, do que se divorciou oficialmente en 1940.

Obra Kvinnor och äppelträd (1933) Sallys söner (1934) Rågvakt (1935) Mor gifter sig (1936) Kyrkbröllop (1938) Kungens rosor (1939) Vägen under stjärnorna (1940) Brandliljor (1941) Den osynliga älskaren (1943) Jag möter en diktare (1950) Kvinnorna på Kummelsjö (1955) Klocker vid sidenvägen (1957) Hemligheten (1959)

Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Nados no condado de Östergötland

Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1964