A herba do gatoNome vulgar galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 (Pulicaria dysenterica) é unha planta da familia das asteráceas. miniatura|Ilustración miniatura|Vista da planta Descrición Planta vivaz, de 20–70 cm de alto, ramificada por riba, formando crecenzas de suave recendo. Talo de vilosidade lanosa por riba. Follas basais pecioladas, marchitas na floración. Follas caulinares alternas, lanceoladas, de 2–5 cm de longo, coa base acorazonada até en forma de frecha, arrodeando o talo, aserradas, verdes, ásperas pola face, polo envés tomentosas de cinsento. Numerosos capítulos de 1,5–3 cm de largo, semiesféricos. Pedúnculos dos capítulos de 1,5,2,5 cm de longo, cun hipsofilo como máximo. Involucro de varias camadas. Brácteas involucrais máis ou menos punxentes e máis ou menos laúdas e glandulosas. Lígulas amarelas douradas, sobresaíndo uns 5 mm do involucro. Flósculos amarelos. Froitos de 1,5 mm de longo, con 14-20 sedas arrodeadas dunha coroa membranosa. Florea polo verán.

Distribución e hábitat Mediterráneo e no norte até Europa central. Pradeiras húmidas, brañas, lameiros, gabias. Importancia económica e cultural Usos Antihistamínica ( prevén o broncoespasmo) e cardioestimulante. Popularmente emprégase como antibacteriana no tratamento das diarreas e como antidisentérica.

Dose: Infusión ao 2%, 2-3 cuncas ao día despois das comidas. Cómpre non adozar.

Parte utilizada: extermo superior aéreo. Principios activos

Polienos e poliínos. Flavonoides e ácidos fenólicos. Taxonomía Pulicaria dysenterica foi descrita por (L.) Bernh. e publicado en Systematisches Verzeichnis 153. 1800. Citoloxía Número de cromosomas de Pulicaria dysenterica (Fam. Compositae) e táxones infraespecíficos: 2n=20.Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955). Varieadades aceptadas Pulicaria dysenterica subsp. dysenterica Pulicaria dysenterica subsp. uliginosa Nyman Sinonimia Pulicaria uliginosa Stev. ex DC. Aster dysentericus (L.) Scop. Diplopappus dysentericus (L.) Bluff & Fingerh. Pulicaria dysenterica var. dysenterica

Nome común Galego: herba do gato, desentéricaNome vular en Diccionario Gallego, Juan Cuveiro Piñol (1876), Barcelona

Notas

Véxase tamén Outros artigos Características das lamiáceas

Bibliografía AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Flora of China Editorial Committee. 2011. Flora of China (Asteraceae). 20–21: 1–992. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Ligazóns externas

Categoría:Pulicaria Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1800