A excolexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII (1278)Viaje a Galicia (1745) Martín Sarmiento. situado na vila de Baiona. Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840,Santa María de Baiona Diocese de Tui-Vigo. ano en que volveu ser igrexa parroquial.
Descrición miniatura|Gravado en La Ilustración Gallega y Asturiana, 1880. Nel aparece a cuberta da porta, que foi retirada en 1901. Está dividida en tres naves coa súa ábsida rectangular. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. As fiestras son románicas e ten na fachada un rosetón románico.
No ano 1659 fíxose a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte e en 1695 construíronse as capelas laterais.
O retablo barroco foi construído entre 1726 e 1732 por Antonio del Villar.
En 1841, trasladáronse ó adro varios cruceiros de distintos estilos que estaban espallados polas rúas da vila.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
50px|none|Wikisource Wikisource posúe escritos orixinais acerca da: Igrexa de Baiona </div> Bibliografía
, Manuel (1888). Galicia, sus monumentos y artes - su naturaleza e historia, p 754-756. Barcelona.
Outros artigos Capela de Santa Liberata Cruceiro da Santísima Trindade Ligazóns externas Colexiata de Santa María en Turgalicia.
Categoría:Baiona Baiona Santa Maria Baiona