Juan Gándara Rivas, finado en Vilagarcía de Arousa en decembro de 1942El Pueblo Gallego, 16-12-1942, p. 7., foi un avogado, xuíz e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Juan Francisco Gándara Souto. Dirixiu Galicia Nueva dende setembro de 1907Diario de Pontevedra, 16-9-1907, p. 2. a 1913. Despois foi xuíz municipal de Vilagarcía de Arousa e en 1921 foi nomeado contador do concello de PontevedraCorreo de Galicia, 22-1-1922, p. 6.. Despois foi interventor do concello de Pontevedra.
Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en ano descoñecido