"One Day in Your Life" é unha canción gravada por Michael Jackson para o seu álbum de 1975 Forever, Michael. Escrita por Sam Brown e composta por Renée Armand, foi relanzada en 1981 como sinxelo do álbum One Day in Your Life debido ó grande interese comercial xerado polas vendas do álbum de Jackson Off the Wall, malia que este novo álbum fora estreado nun selo discográfico diferente. Jackson e Whitney Houston tiñan previsto cantar xuntos esta canción durante os concertos Michael Jackson: 30th Anniversary Special de 2001, pero por razóns descoñecidas non o chegaron a facer.

Categoría:Sinxelos de 1975 Categoría:Sinxelos de 1981 Categoría:Cancións de Michael Jackson