Theodore Racing (徳利賽車隊香港) foi un construtor de Fórmula Un de Hong Kong fundado polo magnate de bens raíces e millonario Teddy Yip. Participou en 51 grandes premios, presentando un total de 64 coches. Anotaron 2 puntos para o campionato.

Historia A principios da década de 1970, o piloto afeccionado Yip coñeceu a Sid Taylor e aceptou patrocinar a Vern Schuppan en Fórmula 5000. Isto levou a Yip a apoiar a Schuppan na Fórmula 1 con Ensign en . Seguiu unha maior participación en América con Schuppan e logo o apoio a Alan Jones na serie F5000 dos Estados Unidos en 1976. En Australia, Schuppan gañou as Rothmans International Series para Yip pilotando un Lola T332-Chevrolet en 1976. Ese ano Yip fundou Theodore Racing. Foi dirixido por Taylor e participou na F1 cun Ensign para Patrick Tambay. Logo dun ano difícil en , Yip encargou a Ron Tauranac construír un coche de F1. O coche, chamado Theodore TR1, era difícil e Eddie Cheever non puido clasificarse nin en Brasil nin en Arxentina, pero entón Keke Rosberg entrou e gañou o Trofeo Internacional en Silverstone sobre mollado, aínda que só clasificouse para un GP en Suráfrica. O coche foi abandonado na metade da tempada. Nos Estados Unidos, Yip patrocinaba a Dan Gurney no equipo Eagle.

miniatura|left | Theodore TR1 nunha carreira histórica En 1979, Yip axudou a financiar Ensign, pero o coche foi un fracaso. O coche foi pilotado por Derek Daly, Patrick Gaillard e Marc Surer, pero non anotaron puntos. Ao final do ano Teddy tamén financiou o programa British F1 cun Wolf WR6 para David Kennedy e axudou a que Desiré Wilson convertérase na primeira muller en gañar unha carreira de Fórmula 1, aínda que fora unha carreira nacional.

Yip comprou os Shadow a principios de 1980, e Kennedy incorporouse á mesma, pero os resultados foron pobres, o equipo estaba por entón nas últimas, e na metade do verán, Yip decidiu retirar o equipo e volver pensar a súa participación nas carreiras, cancelou a maioría das súas outras actividades para concentrarse na F1.

Con Sid Taylor e Julian Randles fundou Theodore Racing Ltd e recrutou a Tony Southgate e a Jo Ramírez. O novo coche foi alcumado o TY01 e foi pilotado por Tambay no inicio de . Na metade de tempada Tambay fichou por Ligier e Yip deu o volante a Marc Surer. O mesmo coche foi desenvolvido en e fíxose evidente que os equipos pequenos non poderían sobrevivir facilmente na era do turbo. Yip fusionou Theodore con Ensign e contratou ao deseñador do Ensin N183 Nigel Bennett para deseñar o Theodore. O equipo contratou a Johnny Cecotto e Roberto Guerreiro, pero ao final desa tempada o equipo pechou e Mo Nunn trasladouse aos Estados Unidos, onde gozou dun grande éxito como enxeñeiro de carreiras durante a década de 1980 e na década de 1990 e, finalmente, creou un exitoso equipo propio na CART. 1983 tamén viu un piloto invitado, o expiloto Brian Henton na carreira no de campionato Race of Champions de 1983 onde terminou cuarto, a mellor posición dun Theodore en toda a tempada.

Durante moito tempo Yip participou cada ano cun equipo no Macau GP ata finais de 1980 e en 1983 estaba detrás do cambio das regras da Fórmula Atlántico ás de Fórmula 3. O resultado foi un grande éxito e Theodore Racing gañou a carreira moitas veces, cabe destacar a de Ayrton Senna no primeiro ano de F3.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos Nº 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos March 761 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN —Non participou como construtor. — Ronnie Peterson10 10 Hans-Joachim Stuck34 Ret Ensign N177 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARx BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN — — Patrick Tambay23 Ret 6 Ret 5 Ret NSC 5 Ret Theodore TR1 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARx BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN — 0 Eddie Cheever32 NSC NSC Keke Rosberg Ret NSCP NSC NSC NSCP Wolf WR3WR4 10 NC Ret NSCP —1 —1 Theodore TY01 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 USW BRA ARX SMR BEL MON ESP FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN CPL 12º 1 Patrick Tambay33 6 10 Ret 11 NSC 7 13 Marc Surer 12 11 14 Ret 8 NSC 9 Ret Theodore TY02Theodore TY01 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA BRA USW SMR BEL MON DET CAN NED GBR FRA ALE AUT SUI ITA CPL — 0 Derek Daly33 14 Ret Ret Jan Lammers NSC NSC NSC Ret NSC NSC Geoff Lees Ret Tommy Byrne NSC Ret NSC NSC Ret Theodore N183 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA 13º 1 Johnny Cecotto34 14 6 11 Ret NSCP 10 Ret Ret NSC 11 NSC NSC 12 Roberto Guerrero33 NC Ret Ret Ret NSCP Ret NC Ret 16 Ret Ret 12 13 12

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escuderías de Fórmula 1 de Hong Kong