Eugenio Collazo Álvarez, nado no Irixo en 1912 e finado en Cenlle o 21 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Eugenio Collazo Iglesias e irmán de Celso Collazo Álvarez. Veciño de San Clodio. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 7 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 837 Foi paseado o 21 de agosto e o seu cadáver apareceu en Razamonde (Cenlle). Foi procesado na causa 1599/37 xunto con Ginés Alemparte Alén, Miguel Crego Araujo, Luis Crispín Fernández, Antonio Fernández Díaz, Antonio González Díaz, Eladio Porto Bugallo, Manuel Rodríguez, Jesús Romero e Benito Velerio Fernández.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados no Irixo Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos