O sándaloNome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991, Santalum álbum é unha especie botánica, unha árbore de gran tamaño, da familia das santaláceas, de follas elípticas e opostas, flores pequenas, en acio ou axilares, e froito parecido á cereixa. Medra no sur de Asia e Oceanía. A súa madeira emprégase en ebanistaría e proporciona unha esencia aromáticaDefinición en Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009.

A madeira aromática desta árbore tamén recibe o mesmo nomeGran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 e é coñecida por usarse para tallar esculturas e porque dela obtéñense óleos volátiles usados en perfumaría. O sándalo orixinario da India é o que produce a mellor madeira e os mellores óleos aromatizantes.

thumb|esquerda|250px|Arbusto de sándalo de Hawai. Na India, o sándalo considéranse unha árbore sagrada e o goberno declarouna "propiedade nacional" para preservala da corta indiscriminada. Só se permite a corta cando o exemplar posúe máis de trinta anos, momento no que naturalmente comeza a morrer. Un tronco de sándalo demora 25 anos para adquirir un diámetro de 6 cm.

Distribución É unha árbore hemiparásita, nativa das áreas semiáridas da India. Plántase hoxe en día ademais de na India, na China, Sri Lanka, Indonesia, Malaisia, as Filipinas e o norte de Australia. A madeira A madeira do sándalo, acabada de cortar, presenta unha coloración amarela, porén co tempo adquire unha coloración marrón máis escura. Cando seca, non racha; é de doado tratamento en carpintaría e fumega con facilidade. É unha madeira dura, de densidade 950 kg/m³ , que seca amodo, e é resistente a fungos e insectos.

Usos Os óleos obtidos da destilación da casca da madeira, do seu miolo e das raíces utilízanse en perfumaría.

Úsase en rituais como aromatizante (incenso) para acadar a harmonía espiritual.

A madeira pode ser usada para producir esculturas, caixas, peites e outros objetos pequenos. Tamén é moi utilizada na confección dos mala, os rosarios hindús utilizados para meditación, ascensión espiritual e protección enerxética.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Árbores forestais Categoría:Madeiras Categoría:Santalum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Oleaxinosas Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1753