Demócares de Leucónoe foi un orador e político ateniense, de entre os séculos -IV e -III Era sobriño de Demóstenes, fillo dunha irmá deste e de LaquesPseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847d. Traxectoria Atribuíuselle unha historia dos feitos ocorridos na Atenas do seu tempo, nun estilo oratorio, non histórico, que non se conservouCicerón, Bruto 83..
Consérvase un texto no que Demócares solicitou unha estatua de bronce na Ágora de Demóstenes, o seu tío, así como manutención e un posto de preferencia para el e para o maior dos seus fillos, por ser gran benfeitor dos ateniensesPseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 850f-851c..
Un relato mencionado por Séneca explicaba que a Demócares lle chamaban «parrheriastes», por mor da liberdade excesiva da súa linguaxe, ás veces imprudente, como nunha ocasión na que, tendo sido enviado xunto a outros atenienses en misión diplomática á corte de Filipo IV de Macedonia, o rei preguntou aos atenienses que podería facer que fose lles grato a eles, e Demócares contestou: «Aforcarte». Filipo, con todo, non se alterou e dixo aos presentes que o deixasen marchar san e salvoSéneca, Da ira 23, 2-3.. Tamén sufriu un desterro por mor dunhas palabras ofensivas que dirixiu contra EstratoclesPlutarco, Vida de Demetrio 24..
No ano -306 apoiou unha proposta que no seu momento realizara Sófocles segundo a cal debía prohibirse o ensino da filosofía antidemocráticaAlbin Lesky, Historia de la literatura griega p. 642. Madrid: Gredos 1976, ISBN 84-249-3132-7.. Á súa vez, Laques, fillo de Demócares, solicitou unha estatua para o seu pai, que se di que foi levada ao PritaneoPseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847e.
Notas
Categoría:Oradores áticos Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Personalidades da Grecia antiga