San Paio de Sabugueira é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2022 tiña 969 habitantes (460 homes e 509 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.135 habitantes.
Etimoloxía San Paio, o patrón de Sabugueira, naceu en Galicia no ano 912 e morreu martirizado en Córdoba o 26 de xuño do ano 925. Sabugueira, designa un lugar poboado de sabugueiros, palabra de orixe latina ''sambucus''.
Xeografía A parroquia atópase a uns 12 km ao leste de Santiago de Compostela. Limita ao norte con San Xulián de Carballal, ao noroeste coa parroquia de San Cristovo da Enfesta, polo oeste e suroeste coa de Santa Eulalia de Bando, pertencendo as tres parroquias a Santiago. Polo leste linda cos concellos do Pino ( San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito) e polo sur con Boqueixón ( Santa María de Lamas, Santa Eulalia de Vigo, e San Pedro de Loureda ). Regada polo rego da Sionlla, rexistra a súa altitude máxima no aeroporto de Lavacolla con 360 m, mentres que o resto do territorio mantén unha media duns 300 m e 260 m a nivel do mar. A parroquia ten boas comunicacións xa que está atravesada por dúas estradas, a N-634 de San Sebastián a Santiago de Compostela e a autovía Lugo-Santiago A-54.
Historia O Curtidoiro da Lavacolla é representativo da industria da zona. Os edificios, situados á beira do río Sionlla, conservan a súa volumetría orixinal. A porta principal do recinto, con arco de pedra, está flanqueada por dous edificios, á dereita a Casa do Balcón, onde vivían os propietarios da fábrica, e detrás a Casa do Forno. Detrás, un dos almacéns da antiga curtiduría. No centro e ao fondo, o corpo principal da fábrica, moi transformado.
En 1801, o comerciante de coiro Gregorio Ambrós construíu unha pequena fábrica de curtidos na Lavacolla. En 1811 vendeuse a fábrica a un comerciante dos Ancares, Francisco Rodríguez Abella, quen decidiu investir na fábrica e ampliala, converténdoa nunha das maiores fábricas da comarca. Exportan os seus produtos a Andalucía e Madrid. O seu valor en 1849 é de 800.000 reais, o que explica a súa produtividade.
A principios do século XX, coa crise do sector, a fábrica foi pechada en 1910. Pouco despois, o local foi utilizado como explotación gandeira e almacén de fertilizantes e maquinaria agrícola.
Ao remate da guerra civil, o complexo serviu para albergar uns dous mil presos políticos que conformaron o campo de concentración da Lavacollae que traballaron desde 1940 na construción e ampliación do aeroporto da Lavacolla, inaugurado en 1935.
A Sabugueira formou parte do Concello da Enfesta, xunto con San Xoán de Fecha, Santa Cristina de Fecha, Grixoa, Berdía, Busto, Nemenzo, Marantes, A Barciela, Cesar, O Carballal e A Enfesta, ata 1962, cando se incorporou ó Concello de Santiago de Compostela.
O 3 de marzo de 1978 no aeroporto da Lavacolla produciuse o accidente do Españoleto.
Economía Destaca o aeroporto e os negocios relacionados con el, como o de Correos posúe na Lavacolla unha central dende o ano 1998 que recibe, clasifica e prepara para a súa distribución cartas e paquetes na que traballan unhas cento cincuenta persoas. Tamén son importantes as actividades do sector servizos ligadas ao Camiño Francés que pasa pola parroquia, e que cada vez teñen máis relevancia fronte a agricultura e gandaría que hoxe xa non son a base da economía da zona. Na parroquia atópase dende o 1971 o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei para rapaces e rapazas de Infantil e Primaria.
Demografía
Patrimonio
Patrimonio Arqueolóxico
Mámoas da Finca das Medorras, en Neiro. Hai dúas. Coordenadas da primeira: 42.8899,-8.4631 e da segunda: 42.8866,-8.4509. Medorra da Costoia. A existencia deste xacemento está testemuñada por veciños da zona, que informan dos restos con forma pequeno outeiro de terra, que tiña unha altura superior á dunha persoa, e que existiu até mediados do século XX. A desaparición deste, con moita probabilidade ocorreu ao alisar as máquinas o terreo para a pista de rodaxe do aeroporto. A actual terminal construíuse no 1969, e ampliouse posteriormente en 1976, 1982, e 1993, ademais da construción do aparcadoiro e instalacións complementarias, de forma que a orografía do lugar foi variando de forma considerable. O xacemento dataría aproximadamente, duns 3.500 anos antes de Cristo. Castro de LavacollaAcuña Castroviejo, Fernando. 1968. Yacimientos arqueológicos prerromanos del ayuntamiento de Santiago de Compostela. Tese de licenciatura.. Tamén chamado Castro de Mendes, atópase no lugar de Vilamaior e data da Idade do Ferro. O castro ten como localización un esporón de dorsal e está a unha altitude de 340 metros. Presenta unha croa que ten unhas dimensións de 80 m. no eixo SO-NL, e uns 90 m. NO-SL. Pola zona sur está defendido por un parapeto de terra que conforma uns bastións que flanquean a entrada ao castro. Cara á zona norte podemos ver dúas terrazas de forma graduada defendidas por terrapléns. A lonxitude do conxunto da zona total do castro acada uns 125 m. SO-NL e 170 m. NO-SL. Nunha foto do 1956 parece apreciarse pola zona do leste, a zona máis chan e desprotexida do terreo onde se asenta o recinto, unha dobre muralla cun foso no medio e a unha distancia de 100 metros da entrada da croa. Coordenadas: 42.8946973472,-8.44465613365
Arquitectura relixiosa
Igrexa parroquial de San Paio de Sabugueirahttp://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf. Templo neoclásico dunha soa nave, datada na fachada en 1840. A Igrexa, de grandes dimensións, está construída en deseño clasicista e rectangular dunha soa nave. Aséntase nun outeiro ao que se accede por unha ampla escalinata bordeada de árbores e ten anexo un cemiterio. O interior presenta unha nave cuberta con bóveda de canón sostida por arcos transversais, que reforzan a bóveda, situada sobre pilastras acaroadas ao muro. Os muros están encalados, agás os arcos, e a cornixa moldurada e as pilastras. Sobre a entrada, hai unha gran plataforma de madeira que se apoia sobre pequenas ménsulas de granito. O segundo tramo da nave ten unha porta lateral e un altar con fornela cunha imaxe en madeira de Santa Bárbara. No seguinte apartado preséntanse retablos neoclásicos na parede. A fachada neoclásica de cachotería presenta unha porta alintelada flanqueada por dúas pilastras que sosteñen nos seus capiteis unha moldura redonda vertical. Sobre a porta, un oco semicircular con vidreiras. O frontis está rematado en triángulo, baleiro de decoración e co vértice roto para erguer o campanario de catro ocos, un tambor e unha pequena cúpula. As esquinas finais da cornixa teñen forma de fachos. Como no interior, os muros están encalados agás as pilastras, base e cornixa. Igrexa de San Roque. Declarada BIC. De fináis do XVIIl, de traza barroca. Ten planta rectangular con pórtico apoiado en columnas. Espadana con listéis, un van e piñón moi adornado.http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf Igrexa de Santa Lucía. Planta rectangular con sancristía engadida. Fachada ciasicista coroada en triángulo. Espadana no centro con dous vans sobre molduras de listeis e baquetillas e en faixas verticais. Piñón dun van. Porta alintelada, fornelo sobre peaña con mensulillas, facendo de tornachuvias.http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf Cruceiro da Igrexa de San PaioCruceiro incluido en el trabajo "Cruceiros do Camiño Francés e do Camiño a Fisterra" de Juan J. Burgoa. Publicado en AULAS NO CAMIÑO (DIÁLOGOS NUN CAMIÑO DA CULTURA EUROPEA), 2007, Xosé Neira López, ed., páx. 36. Cruceiro de tipo crucifixo sen plataforma, de pedestal cuadrangular moi moldurado e cunha gran escocia (moldura cóncava, composta por dúas curvas de distinto radio, sendo normalmente o arco inferior o un de maior tamaño). O varal é circular cun capitel toscano. A súa cruz é circular cunha talla de granito de Cristo. Colocado en substitución do coñecido cruceiro do Home Santo cando este último foi trasladado á entrada do mosteiro compostelán de San Domingos de Bonaval. Cruceiros no Aeródromo militar (2), na praza (2), en Noval, A Esquipa, o Pontillón e o Pazo de Xan Xordo.
Arquitectura civil e popular
Palco da música de Sabugueira. Palco de planta dodecagonal que remata na súa parte dianteira de maneira redondeada a través dunhas escaleiras. Atópase na parte de inferior baixando polas escaleiras que veñen da Igrexa de San Paio de Sabugueira. O palco está aberto na súa parte dianteira. O teito segue a mesma forma da planta, sendo descuberto na parte das escaleiras. Construído no ano 1990 ten dúas placas. Nunha pódese ler: O día 22 de decembro de 1990 o alcalde de Santiago de Compostela Ilmo. Sr. D. Xerardo Estévez Fdez. inaugurou o palco da música e o local social de Lavacolla
Festas Na parroquia celébranse festas pola Santa Lucía o primeiro domingo de maio, por San Paio o 26 de xuño, San Roque terceiro domingo de agosto e Nosa Señora do Carme, o terceiro domingo de outubro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Sabugueira
Parroquias de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela
Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio