A cobra viperinaVocabulario forestal, páx. 63, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega. (Natrix maura) ou cobra de auga viperina é unha especie de cobra da familia Colubridae. Debe o nome de 'cobra de auga' á súa grande afinidade polas zonas húmidas e a súa grande habilidade de nadar e mergullarse e o de 'viperina' á súa semellanza coas víboras, malia ser inofensiva.

Descrición É de tamaño medio, podendo alcanzar unha longura de ata 80 cm, aínda que non supera xeralmente os 50 cm. Caracterízase por presentar escamas moi carenadas no dorso. A súa coloración é moi variada, xeralmente olivácea ou castaña amarelada, mais tamén pode ser avermellada. Mostra ao longo da liña medio dorsal unha fila de manchas que nalgúns exemplares poden chegar a xuntarse ata dar forma a unha liña en zigzag.

Distribución Encóntrase en España, Portugal, Francia, Suíza, noroeste de Italia e o norte de África en Alxeria, Libia, Marrocos e Tunisia. Foi introducida tamén nas illas Baleares. Está habitualmente asociada a medios acuáticos dentro de prados ou bosques abertos, como ríos e lagoas, na auga ou nas súas proximidades.

Comportamento Reprodución A femia pon entre tres e vinte ovos.

Alimentación Os exemplares adultos aliméntanse de ras, sapos e peixes, mentres que os xuvenís capturan insectos, larvas de anfibios e pequenos moluscos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Lista de réptiles de Galicia

Categoría:Colúbridos Categoría:Réptiles de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné