thumb|240px|Macadamia tetraphylla, flores rosas. A macadamia (Macadamia tetraphylla) é unha árbore na familia Proteaceae, nativa de Nova Gales do Sur e Queensland en Australia. Coñécese polo seu froito comestíbel, a noz de macadamia, noz poppel (Poppel Nut), noz de Queensland ou noz de casca áspera (Rough-shelled Queensland Nut).
Descrición Esta especie ten unha follaxe densa e medra até 18 metros de altura. As follas, de marxes dentades, miden de 7 a 25 cm de longo. Ten flores longas pénsiles, do cor rosa cremosa a púrpura, ás que seguen froitos lígneos e arredondados, que miden de 2 a 3 cm de diámetro e conteñen sementes comestíbeis.
Foi introducido en México, desenvolvéndose con xeito nos estados Michoacán e Xalisco.Marisela Taboada & Rogelio Oliver Guadarrama. 2004. Cultivos alternativos en México. Universidade Autónoma do Estado de Morelos. Centro de Investigacións Biolóxicas. AGT Editor S.A. Cidade de México, México. ISBN 968-463-120-0
Primeira cultura alimentaria nativa de Australia Macadamia tetraphylla foi a primeira planta en terse cultivado por australianos non indíxenas como cultura comercial. A primeira plantación comercial de árbores de macadamia realizouse a comezos da década de 1880, a 12 km ao sueste de Lismore, Nova Gales do Sur consistente de M. tetraphylla.Power, J., Macadamia Power in a Nutshell, 1982, ISBN 0-9592892-0-8, p. 13. Plantóns da plantación orixinal foron usados como portaenxerto para as variedades modernas enxertadas ben entrado o século XX. Esta plantación orixinal foi finalmente clareada e substituída por variedades modernas enxertadas a mediados da década de 1990.
Taxonomía Macadamia tetraphylla foi descrita por Lawrence Alexander Sidney Johnson e publicado en Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 79(1): 15–16. 1954. en Trópicos en PlantList Sinonimia Macadamia ternifolia F.Muell. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Macadamia, xénero. Bibliografía AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Sleumer, H. (1955) Studies in Old World Proteaceae. Blumea 8(1): 4 Sleumer, H. (1956) Flora Malesiana Series I 5: 197-198 Floyd, A.G. (1978) Forestry Commission of New South Wales Research Note: 24-26 Ligazóns externas
Categoría:Macadamia Categoría:Oleaxinosas Categoría:Flora de Oceanía Categoría:Froitos secos Categoría:Plantas descritas en 1954