Mariano Roque Alonso é unha cidade de Paraguai sitúada no Departamento Central, na aglomeración urbana da Gran Asunción. Orixinouse a finais da Guerra de Paraguai; foi fundada no 1945 e está situada entre o río Paraguai, Limpio, Luque e Asunción; a uns 18 quilómetros do centro da capital do país. A boa localización da cidade permitiu o desenvolvemento comercial, industrial, servizos e social.
É sede da maior Expo anual de Paraguai, onde empresas, industrias, comerciais e servizos expoñen os avances que tiveron nas súas respectivas áreas. É unha das cidades paraguaias de máis crecemento económico dos últimos anos.
Barrios Mario Roque Alonso divídese en 14 barrios:
Arecayá Caacupemi Caaguy-Cupé Central Corumba-Cué Defensores del Chaco María Auxiliadora Monseñor Bogarín Remanso Castillo San Blás San Jorge San Luis San Ramón Virgen de la Rosa Mística
Xeografía A cidade abarca 50m², e localízase no Departamento Central, delimita co norte de Limpio nos lugares coñecidos como Paso Ñandejára e estancia Surubi’y sobre o regueiro Itay, ao sur co barrio Loma Pyta da cidade de Asunción, ao leste coas cidades de Luque e Limpio, servindo como divisoria con estas cidades o regueiro Itay e ao oeste co río Paraguai.
Demografía Mariano Roque Alonso conta cunha poboación de 87.029 en total, dos cales 43.300 son homes e 43.728 son mulleres, segundo proxeccións da Dirección General de Estadísticas, Ecuestas y Censos.Demografía de MRA
Galería de Imaxes
Notas
Categoría:Cidades de Paraguai