é un filme xaponés de 1989 de animación e fantasía escrito, producido e dirixido por Hayao Miyazaki como unha adaptación da novela homónima de Eiko Kadono. Foi animado por Studio Ghibli para Tokuma Shoten, Yamato Transport e Nippon Television Network e foi distribuído por Toei Company. O filme conta a historia dunha rapaza bruxa, Kiki, quen se muda a unha nova cidade e usa a súa habilidade para voar para gañarse a vida. Nesta obra Miyazaki mostra o comezo do camiño á idade adulta do personaxe, coa responsabilidade que iso comporta.Nausicaa.net The Hayao MIYAZAKI Web. The Hopes and Spirit of Contemporary Japanese Girls By Hayao Miyazaki 1989. Consultado o 5 de xaneiro de 2007

Majo no takkyūbin estreouse no Xapón o 29 de xullo de 1989, e gañou o Gran Premio de Anime Animage. Foi o primeiro filme en estrearse na distribución a menores de 15 anos coa colaboración de The Walt Disney Company e Studio Ghibli."Majo No Takkyûbin ". http://www.bcdb.com, 13 de maio de 2012

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes de Studio Ghibli