Alfredo García Hermida, nado o 26 de setembro de 1894 e finado en Pontevedra o 30 de decembro de 1962,Hoja Oficial del Lunes, 31-12-1962, p. 3. foi un mestre galego.
Traxectoria Finalizou os estudos de Maxisterio en 1912. Foi mestre do Colexio Balmes de Pontevedra. Aprobou as oposicións en 1915 e foi destinado á Escola Graduada de Marín. Ao ano seguinte pasou a unha escola unitaria de Pontevedra.La Noche, 30-9-1960, p. 3. Despois foi mestre en Mourente. Foi nomeado concelleiro de Pontevedra polo gobernador civil en decembro de 1928,El Pueblo Gallego, 2-12-1928, p. 11. foi socio da Casa del Maestro de Pontevedra, da que foi vicepresidente en 1935.El Pueblo Gallego, 11-1-1935, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo.Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2. Sometido a depuración, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante catro meses en decembro de 1937.Diario de Pontevedra, 1-1-1938, p. 2. Volveu ser nomeado concelleiro de Pontevedra nos anos cincuenta.
Recoñecementos Recibiu a Orde de Afonso X o Sabio e a insignia de prata de Pontevedra en 1960,El Pueblo Gallego, 4-10-1960, p. 12. onde tamén se lle dedicou unha rúa.
Vida persoal
Casou con María Alén Solla en 1922 e foi pai de dez fillos: Alfredo, María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Pontevedra
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Orde de Afonso X o Sabio Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes