Galicia Histórica foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1901 e 1903. Historia e características
Apareceu en xullo-agosto de 1901. Revista bimestral fundada e dirixida por Antonio López Ferreiro coa colaboración de José Villa-amil y Castro, Eladio Oviedo Arce e Andrés Martínez Salazar. No primeiro prólogo, "A nuestros lectores", expón os seus criterios:
Como apéndice repartiuse a "Colección diplomática", a base de códices, documentos pontificios, doazóns e confirmacións, fundacións ou restauracións, testamentos e escritos sobre actos diversos. Cesou a súa publicación en novembro-decembro de 1903.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1901 en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas editadas en Galicia