thumb|320px|Interior do Mercado por xunto de alimentación en Múnic (Alemaña), o terceiro centro grosista de Europa.
O grosista Historicamente algúns vocabularios e dicionarios empregaron a forma comerciante por xunto Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009 Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega, A Coruña, Real Academia Galega, 2004 ou tamén vendedor por xunto Vocabulario multilingüe de acuicultura é un compoñente da cadea de distribución, na que a empresa ou o empresario, non se pon en contacto directo cos consumidores ou usuarios finais dos seus produtos, senón que entrega esta tarefa a un especialista. O grosista é un intermediario entre o fabricante (ou produtor) e o usuario intermedio (retallista ou comerciante polo miúdo); intermediario que:
compra a unha persoa que produce (produtor)(independente ou asociado en cooperativa), a un fabricante, a outro grosista ou intermediario en grandes cantidades. vende a un fabricante, outro grosista ou a un retallista, en cantidades máis pequenas, mais nunca ao consumidor ou usuario final.
No caso de produtos agrícolas, compran a pequenos agricultores, agrupan a produción, clasifícana, envásana e etiquétana... As empresas grosistas están perdendo protagonismo a favor das grandes empresas de distribución ou de asociacións de retallistas, que están a asumir funcións propias do mercado por xunto.
O conxunto das actividades dos grosistas chámase mercado por xunto ou mercado grosista.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Canle de distribución Cash and carry Retallista Lonxa
Categoría:Comercio Categoría:Mercadotecnia