Ana Beatriz Barros, nada en Itabira o 29 de maio de 1982, é unha modelo brasileira. É coñecida por traballar con SI Swimsuit Issue, Guess?, Bebe Stores, Victoria's Secret, Chanel e a liña de moda de Jennifer Lopez.

Traxectoria Ana Beatriz naceu nunha pequena cidade de Itabira, Minas Xerais, filla de Reinato Barros, un enxeñeiro mecánico e Sonia, unha ama de casa. Máis tarde, a súa familia mudouse a Río de Xaneiro, onde pasou a súa infancia. Barros é de ascendencia española, portuguesa e italiana, e é a menor de tres irmás. No presente vive en Manhattan.Ana Beatriz Barros: “Fora da moda não me sinto nada sexy” (en portugués)Ana Beatriz Barros". Fashion Model Directory. Consultado o 21 de maio de 2007.

Vida persoal Estivo saíndo co comerciante de arte de Nova York Helly Nahmad. Barros casou co millonario grego-exipcio Karim El Chiaty na illa grega de Miconos o 8 de xullo de 2016. Na lista de convidados estaban as súas modelos compañeiras de Victoria's Secret Alessandra Ambrosio, Adriana Lima, Isabeli Fontana e Fernanda Motta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Ficha en fashionmodeldirectory.com

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no estado de Minas Xerais Categoría:Modelos femininas do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia portuguesa Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Brasileiros de ascendencia española Categoría:Brasileiros de ascendencia alemá