Yulian Sas-Kuilovskyi (en , en ), nado o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 4 de maio de 1900 en Lviv, foi metropolita de Lviv e primado da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 1899 e 1900. Traxectoria Yulian Sas-Kuilovskyi naceu o 1 de maio de 1826 en Koniushky-Korolivski, unha vila do distrito de Sambir, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. O 1 de abril de 1854 foi ordenado sacerdote.
O 26 de xuño de 1890 foi nomeado bispo auxiliar de Przemyśl, Sambor e Sanok e bispo titular de Hephaestus. Recibiu a consagración episcopal o 17 de agosto de mans do arcebispo de Lviv Sylvestr Sembratovych, sendo os co-consagradores principais Łukasz Solecki, bispo latino de Przemyśl, Yulian Pelesh, bispo de Ivano-Frankivsk, e Jacobus Glazer, bispo auxiliar de Przemyśl.
O 3 de agosto de 1891 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk, recibindo a confirmación o 29 de setembro. O 19 de xuño de 1899 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína como metropolita de Lviv, o que foi confirmado polo papa o 30 de agosto, mais finou ao ano seguinte en Lviv, o 4 de maio de 1900.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1826 Categoría:Nados no distrito de Sambir, rexión de Lviv Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 1900 Categoría:Bispos católicos de Polonia