A infertilidade é a incapacidade dunha persoa, animal ou planta de reproducirse por medios naturais. Nos seres humanos, a infertilidade pode describir a unha muller que non é quen de concibir ou que non é quen de levar o embarazo a bo termo. Existen varias causas biolóxicas, algunhas das cales poden ser solucionadas con intervención médica. Os índices de infertilidade incrementaron nun 4% dende a década de 1980, principalmente relacionados con problemas de fecundidade polo incremento da idade. Arredor do 40% dos problemas de infertilidade están causados polo home, outro 40% pola muller, e o 20% son o resultado de complicacións en ámbolos dous.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Anjani Chandra et al. (2013). Infertility and Impaired Fecundity in the United States, 1982-2010: Data from the National Survey of Family Growth. Hyattsville, Md.: U.S. Department of Health and Human Services, Centers for Disease Control and Prevention, National Center for Health Statistics.

Categoría:Reprodución Categoría:Demografía Categoría:Aparato reprodutor