A carpaza machoNome vulgar galego en "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 ou estevón (Cistus populifolius), é unha especie fanerógama pertencente á familia Cistaceae. miniatura|250px

Distribución e hábitat Aparece na Península Ibérica e no sur de Francia (Narbona). Abunda en Andalucía, Estremadura e metade sur de Portugal. Aparece tamén en gran parte de Galicia, a cornixa cantábrica e as illas Baleares.

Medra nos mesmo lugares ca esteva (Cistus ladanifer) ocupando os lugares máis umbríos (por ser especie menos heliófila) e máis frescos.

Descrición É unha planta do mesmo tamaño ca Cistus laurifolius. As súas follas son simples, opostas, longamente pecioladas, estreitadas na punta e acorazonadas na base, de xeito que se poden asemellar ás do lamigueiro (Populus spp.). As flores nacen en longos pedúnculos en forma de corimbos e son brancas e moi vistosas polo que, ás veces cultívase coma planta ornamental.

Taxonomía Cistus populifolius foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 523. 1753. Etimoloxía Cistus: nome xenérico que deriva do grego kisthós latinizado cisthos = nome dado a diversas especies do xénero Cistus L. Algúns autores pretenden relacionala, pola forma dos seus froitos, coa verba grega kístē = "caixa, cesto".En Flora Vascular

populifolius: epíteto latino que significa " con follas como as do lamigueiro (xénero Populus").en Nomes Botánicos

Sinonimia Cistus cordifolius Mill. Cistus latifolius Sweet Cistus populifolius [ß] marianus Willk. Cistus populifolius [a] psilocalyx Willk. Cistus populifolius [alfa] narbonensis Willk. Cistus populifolius [b.] lasiocalyx Willk. Cistus populifolius f. marianus (Willk.) Grosser in Engl. Cistus populifolius f. narbonensis (Willk.) Grosser in Engl. Cistus populifolius subsp. major (Dunal) Heywood Cistus populifolius L. subsp. populifolius L. Cistus populifolius var. celtibericus Pau Cistus populifolius var. major Dunal in DC. Cistus populifolius var. minor Dunal in DC. Cistus populifolius L. Ledonia populifolia var. cordifolia Spach Ledonia populifolia var. longifolia Spach Ledonia populifolia (L.) Spach Libanotis populifolius (L.) Raf.Sinónimos en Real Jardín Botánico

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Características das cistáceas Ligazóns externas Cistus populifolius en eFlore, L'encyclopédie botanique collaborative

Categoría:Cistus Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Plantas medicinais