José Manuel García-Margallo, nado en Madrid o 13 de agosto de 1944, é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación.
Tamén foi membro do Parlamento Europeo desde 1994, onde desempeñaba o cargo de vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios desde 1999. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Civil e a Orde do Mérito Constitucional.
Carreira profesional Estudou bacharelato no colexio San Ignacio de Donostia. Estudou Dereito e Economía na Universidade de Deusto. Máis tarde, pasou as oposicións a Inspector Técnico Fiscal do Estado e desempeñouno en Castelló e Guipúscoa. No ano 1973, obtivo o International Tax Program da Harvard Law School, obtendo o grao de Master of Law nesa universidade na especialidade en Dereito Societario e Regulación do Mercado de valores.
miniatura|Listaxe ás votacións no que aparece García-Margallo con UCD. No ano 1974 foi nomeado Xefe do Servizo de Estudos e Programación da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Facenda, e en 1982 do Tribunal Económico Administrativo Central. Impartiu clases como profesor universitario na Facultade de Dereito de San Sebastián e no máster en Comunidades Europeas da Universidade Politécnica de Madrid e de Fiscalidade Comunitaria no Instituto da Empresa de Madrid. No ano 2004, conseguiu o doutoramento en Dereito pola Universidade Miguel Hernández de Elx coa Tese Doutoral titulada "Unha aposta polo Modelo Europeo de Benestar".
Carreira política En 1960 ingresou nas Juventudes Monárquicas Españolas (JUME). Xa na Transición, foi membro fundador da Fundación de Estudos Independentes, do PP e de UCD. Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes. Ostentou diversos cargos como Director Xeral ou Secretario Xeral. Tamén foi portavoz de Economía e Facenda do PP. Tamén foi elixido ó Parlamento Europeo na lexislatura 1994-1999, onde ostentou varios cargos como Vicepresidente da Subcomisión de Asuntos Económicos e Monetarios e Vicepresidente da Delegación para Hispanoamérica. O 22 de decembro de 2011, foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación de España.
Notas
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos de UCD Categoría:Grandes cruces da Orde do Mérito Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999) Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Europarlamentarios de España (1999-2004) Categoría:Europarlamentarios de España (2009-2014) Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Europarlamentarios de España (2019-2024) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)